segunda-feira, janeiro 29, 2007
domingo, dezembro 17, 2006
a miña orella dereita
aínda reconforta
de vez en cando, cando
se sente a penumbra
cando se fai
un nó pequecho na gorxa
non por nada, só
por volver vivir
Manuel Darriba, Calor
chove. ás veces non.
sexta-feira, dezembro 08, 2006
sábado, novembro 04, 2006
Non o vou a negar. Busqueite unha e mil veces. Algunha atopeite nos ollos. Outras, nas mans. Por debaixo da roupa, ou por enriba. Mañá, agardo atoparte en min. En toda ti. Vas estar?
quarta-feira, outubro 11, 2006
Hoxe eu son ela e son el á vez. Sinto dor á vez que sinto culpabilidade. Boto de menos,e penso que será un erro, buscarte ou deixar que o tempo pase.
E non saber o que pensas, porque non o dis, e ser incapaz de dicirche todo o que me pasa por dentro. Crin morrer, e aínda agora sinto dor. Somos, por natureza, inestables, e racionalmente incomprensibles. Os dous
segunda-feira, setembro 04, 2006
quinta-feira, agosto 31, 2006
"Ítaca", de Cavafis
Cando vaias camiño de Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
non teñas medo do irado Poseidón,
non atoparás tal no teu camiño,
se mantés o teu pensamento ergueito, e selecta
emoción o teu esprito e o teu corpo tenta.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao fero Poseidón nono toparás,
se non o levas dentro da túa ialma,
se a túa ialma non os pon diante de ti.
Desexa que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañanciñas de vrao
nas que con canta ledicia, con canto gozo
atraques en portos nunca antes vistos,
detente nos emporios fenicios,
e colle mercadorías preciosas,
nácares e corais, ámbar e ébano,
e perfumes sensuais de todos os tipos,
cantos máis perfumes sensuais podas,
vai a cidades de Exipto, a moitas,
aprende e aprende dos sabios..
Leva sempre no maxín a Ítaca.
Chegar alí é o teu destino.
Mais procura non apurar o teu viaxe.
Mellor se dura moitos anos,
e xa vello atraques na illa,
rico con canto fuches gañando no camiño,
sen agardar que Ítaca che dea riquezas.
Ítaca deuche o fermoso viaxe.
Sen ela nunca terías comezado o camiño.
Mais xa non ten máis que darche.
Así sabio como te fixeches, con tanta experiencia,
entenderás xa que significan as Ítacas.
sexta-feira, agosto 25, 2006
"Feliz mundo novo" de Huxley
"Todos eles persoas que, por unha razón ou outra, acadaron conciencia da súa propia individualidade, de máis para poder vivir en comunidade. Todas as persoas que non se conforman coa ortodoxia, que teñen ideas propias. Nunha palabra, persoas que son alguén." E non é isto o que están a facer comigo, contigo... con todos? Ata cando imos consentilo?



